Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 20 de abril de 2016

Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega :: EGAP



Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega :: EGAP:

 "Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega
Cursos / Venres, 15 de Abril de 2016.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG núm. 72 do 15 de abril, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Estas actividades van dirixidas:
ao PAS das universidades galegas
aos empregados públicos que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua
aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia
aos empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia


Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 16 de abril ata as 14.00 horas do día 25 de abril de 2016. Cada persoa só poderá solicitar unha edición do curso convocado.

Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Os cinco cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

UN16015. Curso medio de linguaxe administrativa galega
ModalidadeHorasPrazasDatasExame final
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo16 de xullo

EP16018. Curso medio de linguaxe administrativa galega
ModalidadeHorasPrazasDatasExame final
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo16 de xullo

LO16024. Curso medio de linguaxe administrativa galega
ModalidadeHorasPrazasDatasExame final
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo16 de xullo

FC16157. Curso medio de linguaxe administrativa galega
ModalidadeHorasPrazasDatasExame final
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo15 de xullo
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo15 de xullo
Teleformación7530do 9 de maio ao 10 de xullo15 de xullo

FC16158. Curso medio de linguaxe administrativa galega
ModalidadeHorasPrazasDatasExame final
Presencial (Santiago)7530de 8 a 10 horas15 de xullo



As probas finais presenciais terán lugar na sede da EGAP, en Santiago de Compostela.

Máis información: no DOG núm.72, nos teléfonos 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es"

No hay comentarios:

Publicar un comentario